A TVG ofrece na súa web a celebración deste terceiro domingo de coresma
Publicado o 15/03/2020 10:58
O arcebispo Xulián Barrio é quen a presidiu este domingo, de maneira excepcional.
O sacerdote Manuel Blanco, quen oficia habitualmente a santa misa que emite a Televisión de Galicia, enviaba antes do seu inicio unha mensaxe de agarimo para todos os fieis que seguen esa retransmisión.
Na súa intervención, na igrexa de San Frutuoso, en Santiago, pediu que os fregueses non saian sen necesidade dos seus fogares e que coiden a convivencia nas súas casas.
Enviou tamén un saúdo en nome de todos os párrocos e bispos que viron modificado o seu día a día.
Se quere seguir esta celebración, prema AQUÍ.