CRTVG

Buscar

O arcebispo de Santiago Julián Barrio, ingresado por unha endocardite bacteriana

Publicado o 11/03/2021 10:17
O arcebispo de Santiago Julián Barrio, ingresado por unha endocardite bacteriana

O arcebispo compostelán, Julián Barrio, está ingresado no Hospital Clínico Universitario de Santiago "por causa dunha endocardite bacteriana".   

Así o confirmou nun comunicado de prensa o arcebispado de Santiago, que concretou que Julián Barrio "recibirá tratamiento antibiótico durante un tempo". 

"Monseñor Barrio está animado e agradece o cariño e as oracións recibidas", conclúe o comunicado.