CRTVG

Buscar

O árbitro extraxudicial di que Alcoa non debe parar as cubas

Publicado o 30/10/2020 10:55
O árbitro extraxudicial di que Alcoa non debe parar as cubas

O árbitro designado para mediar entre Alcoa e os traballadores de San Cibrao, en relación cos servizos mínimos e as condicións para a folga indefinida que comezou o pasado 4 de outubro no complexo industrial, sostén no correspondente laudo arbitral que neste momento "non se pode proceder" coa "hibernación" ordenada das cubas, como pretendía a multinacional.

O citado árbitro, en relación co previsto no Acordo Interprofesional Gallego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), non acepta a "formulación da empresa de variar os servizos de seguridade e mantemento", fixados para o desenvolvemento da folga, para "proceder á hibernación das cubas".

"Hai uns servizos de seguridade e mantemento acordados o día 8 de outubro que, 22 días despois, demostráronse eficaces", subliña, porque foron establecidos por "quen mellor coñece a realidade da planta e a súa complexidade técnica, por quen negocia e acorda desde hai anos cuestiones de toda índole", en relación co funcionamento da factoría. Con respecto "á formulación da empresa" de variar a composición deses servizos de seguridade e mantemento para iniciar "a hibernación das cubas", o árbitro precisa que "non debe" producirse "neste momento" e "a prudencia así o aconsella". "Atópase aberto un proceso xudicial de medidas cautelares sen resolver", cuxa vista celebrouse o pasado 28 de outubro no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, "razón pola que non se pode proceder a tal hibernación neste momento", conclúe. 

Noticias web

30/10/2020