O apoio de cinco partidos permítelle ao socialista Lambán ser elixido presidente de Aragón
Publicado o 31/07/2019 19:53

Javier Lambán é desde esta tarde o novo presidente de Aragón. O socialista foi investido grazas ao apoio de Podemos, a Chunta Aragonesista e o Partido Aragonés. As tres formacións, ademais do PSOE, compartirán o Goberno autonómico.
O secretario de Organización de Podemos, Pablo Echenique, di que é unha demostración do que se podería conseguir a nivel nacional. Instou a Pedro Sánchez a retomar as negociacións para un executivo de coalición sen esperar a setembro.