CRTVG

Buscar

O anticiclón quedará en Galicia polos vindeiros 10 días

Publicado o 06/10/2021 14:19

Galicia quedará baixo a influencia do anticiclón dos Azores por un período non inferior a unha semana e o tempo do que desfrutaremos nos próximos días será seco, solleiro e practicamente propio do verán.

Juan Taboada de Meteogalicia sinala que "o factor diferencial que ten esta situación con respecto a outras e que contamos cunha duración maior do habitual".

As temperaturas máximas superarán os 25 graos en practicamente toda Galicia, pero as mañanciñas seguirán sendo frescas, propias do tempo outonal. Dende Meteogalicia advirten de que aínda que "agardamos tempo seco e soleado, haberá fortes contrastes de temperaturas entre as mañás e as tardes".

Son moitos os que agradecen esta paréntese de bo tempo sobre todo pensando nas datas máis invernais que xa están como quen di á volta da esquina. Tocan polo menos 10 días consecutivos, un veranciño de San Miguel atrasado, que haberá que pensar en non desaproveitar.

Noticias web

06/10/2021