CRTVG

Buscar

O anticiclón queda polo menos ata mediados da próxima semana

Publicado o 07/10/2021 16:28

A xente tiña ganas de sol, despois dun verán atípico e dun outono que entrou con forza arrefriando as noites e as mañás.

Chegará a 29 graos a temperatura en Ourense, moi preto da máxima de España, que se prevé en Sevilla con 32 graos.

O anticiclón estará en Galicia polo menos ata o mércores da vindeira semana. Moitos xa aproveitaron a praia nesta xornada, xente paseando, tomando o sol e algún atrevido mesmo dándose un baño no mar. En todo o litoral atlántico a temperatura pasará hoxe dos 25 graos.

Noticias web

07/10/2021