O anticiclón dos últimos días retírase para dar entrada a unha pequena borrasca
"Isto de marabilla, estes son uns días que veñen de agasallo". "Quedaranos mañá e despois Deus dirá", comentan unhas señoras dende a praia de Samil.
O anticiclón que nos fixo vivir a sensación de seguir aínda no verán chega á súa fin. Empeza a notarse unha baixada das termperaturas. Por sorte o cambio vai ser progresivo.
"Hai que aproveitar ata o último momento, carai, din que para a fin de semana dan malo, pero eu veño todos os días de momento". "Por Todos os Santos neve polos cantos, así que estamos chegando a Todos os Santos e o tempo ten que cambiar", apuntan.
E vai cambiar para a fin de semana coa entrada dunha borrasca que non vai ser moi activa. Hoxe en Vigo xa non fixo a mesma calor de días pasados e apareceron unhas nubes altas que por momentos ameazaron o sol. Moitos aproveitan para dar o que podería ser o último baño do ano.