O ano novo comeza con subas nas peaxes da AP-9
• As peaxes da AP-53 soben de media cinco céntimos
• Quedan libres de peaxes en España a AP-7 e a AP-4
• As autoestradas de titularidade autonómica non soben os prezos
O ano novo comeza con subas nas peaxes da AP-9, que os usuarios xa están notando. Por exemplo viaxar dende Tui a Ferrol custa dende hoxe 55 céntimos máis, uns 45 euros ida e volta.
Reaccións similares entre os conductores que circulan pola AP-9 neste primeiro día coas novas tarifas. É unha suba dun 2,6% nas peaxes, que collía a algúns por sorpresa
E aínda o ven máis inxusto en comparación con outras comunidades Os máis afectados son os profesinais, transportistas que usan a vía a diario ou outros colectivos coma os taxistas.
A autoestrada que vertebra Galicia de Norte a Sur é a que máis sobe de toda España neste 2020.
E hai traxectos de proximidade como Santiago-Padrón ou Pontevedra-Vilaboa que soben por riba dun 4% Se non hai novidades, faltan aínda 28 anos para que a AP-9 quede libre de peaxes.