CRTVG

Buscar

O ano empeza con suba de pensións e incremento dalgúns impostos

Publicado o 01/01/2021 12:42

Un de xaneiro. Entran en vigor os novos presupostos e as súas novidades en impostos. Soben o IRPF e patrimonio para as rendas altas e sociedades.

E tamén hai cambios nos plans de pensións, desgravarán menos á hora de facer a declaración, un máximo de 2.000 euros.

Soben as pensións e o soldo dos funcionarios, pero non o salario mínimo. Non houbo acordo e comeza o ano conxelado en 950 euros.

Os refrescos encarécense ao pasar o IVE dun 10 a un 21%.

E tamén mercar un coche, por unha normativa europea contra a contaminación. O imposto de matriculación sobe de media un 5% dende hoxe entre 800 e 1.000 euros.

Tamén sobe o prezo do gas natural. Case un 6%.

Da outra cara da moeda, prevese unha baixada de prezos na vivenda, en compra e aluguer, e na electricidade, cunha nova estrutura do recibo.

Os medicamentos. 1.300 tamén se abaratan dende hoxe. Os principios activos máis comúns para tratar doenzas como asma ou dermatite.

E logo hai servizos que cambian de ano pero non de prezos. Como os transportes ou as telecomunicacións que desta vez se manteñen estables.

Noticias web

01/01/2021