CRTVG

Buscar

O ano comeza con temperaturas baixo cero en moitos puntos de Galicia, a mínima -10 graos en Calvos de Randín

Publicado o 01/01/2020 13:41

O primeiro dia do ano comezou con temperaturas baixo cero en moitos puntos de Galicia, sobre todo na provincia de Ourense. Os termómetros baixaron ata os menos 10 graos no concello de Calvos de Randín. Agás o venres, o tempo seco continurá nos próximos días.

 

Xeadas e temperaturas xélidas no primeiro día do ano en varios puntos da provincia de Ourense.

A menos 10, a temperatura mínima desta madrugada en Galicia, baixaron os termómetros no concello de Calvos de Randín. En Xinzo, onde se grabaron estas imaxes, chegaron a case 7 baixo cero.

A inversión térmica deixa fortes contrastes: frio intenso en zonas baixas e temperaturas máis agradables en zonas de montaña, como exemplo os 8 graos que se rexistraron en Cabeza de Manzaneda. Nos próximos días, o anticiclon seguirá mandando. O venres chega unha borrasca, pero será pasaxeira e dexeirá pouca auga.

Tralo paso desa borrasca, volven as altas presións: o sol e o tempo seco seguirán durante a fin de semana.


 

Noticias web

01/01/2020