CRTVG

Buscar

O Ángeles Alvariño amplía a zona de busca nas augas de Tenerife para dar con Anna e seu pai

Publicado o 21/06/2021 14:23
O Ángeles Alvariño amplía a zona de busca nas augas de Tenerife para dar con Anna e seu pai

O buque Ángeles Alvariño cambiou esta mañá a súa zona de busca en augas de Tenerife para tratar de dar coa pequena Anna e seu pai Tomás Gimeno. A Garda Civil, atendendo ás correntes, decidiu ampliar a busca máis ao sur, a unhas seis millas de distancia da costa.

Nas últimas horas, a nai das nenas Anna e Olivia enviou unha carta á tripulación do Ángeles Alvariño para agradecerlles o traballo que están facendo. 

Noticias web

21/06/2021