CRTVG

Buscar

O Amarelle consegue o primeiro triunfo da temporada a custa do Cidade das Burgas

Publicado o 14/11/2020 18:28

O Viaxes Amarelle conseguiu o primeiro triunfo da temporada a custa do Cidade das Burgas, que se mantén sen puntuar logo de catro xornadas (2-3). Todos os goles chegaron na segunda metade. Cando quedaban oito minutos, María Gómez facía o 0-1 aproveitando un erro local. Co Cidade arriscando, María Gómez repetía a 80 segundos do final. Foi un último minuto apoteótico. A porteira Leti Rojo marcaba o 0-3 a corenta segundos para o final. Pero en dez segundos o Cidade das Burgas marcaba dous goles (Sol Pedreira e Clara Fernández). Tivo vinte segundos o equipo local para lograr o empate pero o triunfo foi para A Coruña.

Noticias web

14/11/2020