As universidades galegas organizan o seu calendario académico e método de avaliación
Á falta dun acordo, cada unha das tres universidades galegas organiza o seu calendario académico e o método de avaliación. Tampouco son iguais os servizos virtuais dos que dispoñen. En Vigo teñen unha plataforma telemática, Faitic, e ademais un campus remoto.
Canto á avalición, acordouse facer probas telemáticas e mesmo de posibles exames presencias.
Mentres, na USC descartan os exames presenciais, falan de avaliación continua e, en casos puntuais, de exames ou probas a tráves do campus virtual ou de plataformas como Teams. Pero na xornada de onte os alumnos protestaron facendo unha quedada masiva baixo o cancelo #AsíTampoucoUSC para demostrar que o campus virtual non é operativo.
Fontes desta universidade aseguráronnos hoxe que o seu campus virtual superou todos os tests de estrés e que funciona correctamente.