CRTVG

Buscar

O alemán Bastian Ulihg abre na catedral de Santiagp a XI edición do festival Peregrinos Musicais

Publicado o 15/09/2021 21:25

Afaise ao órgano da catedral de Santiago minutos antes dun concerto especial para este virtuoso músico alemán Bastian Ulihg de 23 anos. É un dos pratos fortes doo festival 'Peregrinos Musicais': 'É unha honra para min tocar nesta marabillosa catedral, unha das máis importantes do mundo, cun marabilloso órgano e cun dos meus programas favoritos, 'Microcosmos'. O programa está composto por contos de diferentes séculos, música moi antiga do século XVI de diferentes nacións, Italia, por exemplo ou Alemaña".

A súa música soa en Compostela por vez primeira, repite este xoves cun concerto de clave'. Canda os del un total de 12 recitais, en Santiago e en localidades próximas. E como novidade o concurso Laureados, novas promesas europeas que chegaron ata aquí a través dun proceso en liña. Compartirán palco coa Real Filharmonía de Galicia e o público elixirá o gañador.

Poderase gozar deste mundo ata o 20 de setembro.

 

Noticias web

15/09/2021