CRTVG

Buscar

O alcol e a cocaína son as drogas máis consumidas segundo o informe do Observatorio do proxecto Home

Publicado o 21/06/2019 21:26

Informe do Observatorio Proxecto Home de 2018. O alcol e a cocaína son as principais adiccións polas que se pide axuda a esta organización. As mulleres consomen máis alcol que os homes. Eles consomen máis cocaína.

O alcol é, segundo a responsable de Proxecto Home, a droga das mulleres. Case un 30% das que piden axuda é por esta adicción. O maior problema de saúde pública, din, porque é unha droga de consumo normalizado na sociedade.É unha das conclusións do estudo realizado en Proxecto Home durante o ano pasado.

Constatan, tamén, que o consumo problemático comeza a idades cada vez mais temperás. Entre os 15 e os 16 anos.A cocaína é, canda o alcol, a substancia máis consumida. Especialmente entre os homes.Algo que se repite cada ano. Ademais comezan a detectar un aumento de menores que buscan axuda por adiccións relacionadas coas novas tecnoloxías, e coas apostas deportivas.




 

Noticias web

21/06/2019