O alcalde de Vilanova acode aos xulgados pola denuncia de Carmela Silva
Publicado o 25/06/2019 14:55
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, pasou hoxe tamén polos xulgados da Parda. Foi chamado a declarar no caso da denuncia posta contra el pola presidenta da Deputación de Pontevedra. O rexedor vilanovés acusa a Carmela Silva de corrupción no Concello de Vigo e na institución provincial.
Gonzalo Durán apuntou que acudía ao xulgado para facilitar documentación que lle requiriron sobre casos de obras en que, segundo el, se practicaron irregularidades.