O alcalde de Vigo anuncia un belén superlativo de cen metros cadrados
Publicado o 13/05/2021 21:27

Hoxe coñecéronse máis detalles de como vai ser o Nadal en Vigo deste 2021. O belén xigante da Casa das Artes contará cun photocall con figuras a tamaño real coas que se poderán fotografar os visitantes. O concello quere bater a marca de 85.000 visitas da última vez. Tamén se prorrogou o contrato da iluminación.