CRTVG

Buscar

O alcalde de Teo rompe o goberno de coalición co PSdeG

Publicado o 04/10/2021 20:29
O alcalde de Teo rompe o goberno de coalición co PSdeG

O alcalde de Teo rompe o bipartido co que gobernaba. Retíralles as competencias aos seus socios de Goberno, os catro concelleiros do Partido Socialista.

Rafael Sisto gobernará en minoría cos tres concelleiros do seu grupo Son de Teo. Na páxina web da súa formación, Sisto explica que demorou a decisión, pero que era inevitable. Engade o alcalde que "para ter goberno serio e con garantías, necesítase lealdade e coherencia".

Noticias web

04/10/2021