CRTVG

Buscar

O alcalde de Rodeiro perfílase como novo delegado da Xunta en Pontevedra

Publicado o 06/02/2021 14:11
O alcalde de Rodeiro perfílase como novo delegado da Xunta en Pontevedra

O alcalde de Rodeiro, o popular Luís López, será previsiblemente o novo delegado da Xunta en Pontevedra despois da condena a dous anos de prisión e oito anos de inhabilitación por prevaricación e fraude a Luisa Piñeiro, que renunciou ao cargo.

Luís López naceu en Rodeiro en 1978, licenciado en Dereito pola USC, desenvolveu o seu traballo profesional na empresa privada como técnico de organización.

Despois de ser concelleiro de Educación e Deportes entre 2003 e 2007, en 2010 elíxírono presidente local do PP de Rodeiro. É alcalde da localidade desde 2011.