CRTVG

Buscar

Absolven o alcalde de Ourense polo incidente cun policía local

Publicado o 20/09/2019 13:26

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quedou absolto do delito leve de coaccións polo que foi xulgado a semana pasada.

O xuíz non ve reproche penal para ningún dos implicados no incidente que tivo lugar o pasado mes de febreiro fronte ao pavillón municipal dos Remedios, cando Jácome aínda non era alcalde. Este acusaba un policía local fóra de servizo de intentar atropelalo cando lle chamou a atención por aparcar indebidamente. Á súa vez, o policía acusaba a Jácome e a outro integrante de Democracia Ourensana de coaccións. Todos quedaron absoltos.

Noticias web

20/09/2019