CRTVG

Buscar

O alcalde de Ourense non supera a cuestión de confianza

Publicado o 14/06/2021 16:21

O alcalde de Ourense non superou esta mañá a cuestión de confianza á que se someteu, pero dá por feito que se manterá no posto. A oposición ten agora un mes para presentarlle unha moción de censura.

Gonzalo Pérez Jácome amósase convencido de que non o fará ante a falta de entendemento entre PSOE e PP, os dous grupos que suman a maioría necesaria.

O rexedor sometíase a esa cuestión de confianza para sacar adiante unha modificación presupostaria de 62 millóns de euros.

Noticias web

14/06/2021