O alcalde de Lalín cre que o PPdeG manterá a Xunta
Publicado o 18/06/2019 14:43
O novo alcalde de Lalín, Xosé Crespo, cre que o PPdeG vai conservar a Xunta despois das próximas autonómicas, porque cre que o partido está máis integrado na sociedade que noutras comunidades. E destacou tamén o liderado de Núñez Feijóo.
"Por que triunfamos durante tantos anos? Porque somos o partido que máis se parece á terra. Somos o partido que máis se parece a Galicia. Eu estou convencido de que cun liderado tan forte como ten Alberto Núñez Feijóo seremos capaces de saltar calquera portelo que nos poñan", dixo Crespo.