CRTVG

Buscar

O alcalde de La Línea atribúe os incidentes ao grave problema social que padece a zona

Publicado o 12/05/2021 08:25
O alcalde de La Línea atribúe os incidentes ao grave problema social que padece a zona

O alcalde de La Línea de la Concepción atribuíu os incidentes rexistrados na localidade gaditana ás carencias da sociedade local para combater o narcotráfico.

Os incidentes foron protagonizados por veciños dos dous falecidos no naufraxio dunha embarcación supostamente utilizada para abastecer de combustible no mar as lanchas que introducen droga na zona.

O alcalde de La Línea entende que se está producindo unha situación límite na localidade, agravada pola alta taxa de paro que ten a zona, que supera o 40 por cento.

Noticias web

12/05/2021