CRTVG

Buscar

O alcalde da Pastoriza amosa o seu pesar pola morte da parella

Publicado o 26/01/2020 13:05

O concello da Pastoriza, en Lugo, declara dous días de loito polo tráxico suceso que acabou coa vida de dous octoxenarios, moi coñecidos nese municipio. A muller, ao parecer, morreu no interior da súa vivenda como consecuencia dun golpe e o seu marido botouse pola ventá, todo apunta a que foi despois dunha discusión da parella. Á espera de coñecer máis datos da investigación, as primeiras pescudas apuntan ao que suporía o primeiro caso de violencia machista en Galicia neste ano 2020.

 

 

Noticias web

26/01/2020