O alcalde da Coruña confía no sobresemento do caso contra a concelleira Claudia Delso
Publicado o 22/05/2019 15:41
Primeiras reaccións políticas tras coñecerse que a concelleira da Coruña Claudia Delso, da Marea Atlántica, terá que declarar por un suposto delito de prevaricación na cesión da prisión ao colectivo Proxecto Cárcere. O alcalde, Xulio Ferreiro, confía en que este asunto quede sobresido.
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña: "Si sacar un concurso público, si darlle a cesión dun espazo en ruínas, de un espazo desocupado a unha entidade sen ánimo de lucro para que faga vida cultural é un delito que baixe Deus e o vexa".
Tamén se referiu a este asunto o voceiro de En Marea, Luís Villares. Cre que hai unha utilización política desta investigación xudicial.