CRTVG

Buscar

O albergue público de Vigo abrirá en 2021

Publicado o 20/10/2020 14:24

Vigo contará o ano que vén co seu primeiro albergue público para peregrinos. O vicepresidente da Xunta visitou hoxe as obras de rehabilitación do edificio na zona vella.

Rueda destacou que cumpren así coa cidade, unha das poucas que carecía dunha instalación pública deste tipo.

Prevese que as obras rematen a finais de ano e que o albergue poida estar en funcionamento no primeiro trimestre de 2021.

Noticias web

20/10/2020