O alarmismo ante o coronavirus esgota as máscaras na maioría das farmacias
Ante o espallamento do coronavirus hai que estar previdos, pero sen caer no alarmismo. Así o din os profesionais sanitarios que sinalan que o virus de Wuhan ten síntomas similares á gripe común. De aí que os maiores problemas os causaría en anciáns e en persoas con outras enfermidades crónicas
"Dende logo, na maior parte da xente nova sen problemas de saúde vai ser unha enfermidade practicamente asintomática e o maior problema vano ter os anciáns, sobre todo os maiores de 70 anos, e os pacientes con algún tipo de inmunocompromiso", di o especialista en Medicina Preventiva Hugo Pérez.
Pero o certo é que a poboación está a tomar as súas precaucións. De feito na maioría das farmacias están esgotadas as máscaras e comezan a escasear os xabóns estirilizantes.
"Están a solicitarnos unha morea de máscaras, aproximadamente de cada dous clientes que entran, un pide máscaras. O problema é que están esgotadas, ou sexa están en desabastecemento e non se conseguen en ningún almacén", afirma a farmacéutica Belén Ferreiro.
Os veciños cren que, aínda que é lóxico que se avise e se informe a poboación, a alarma ante o coronavirus, din, comeza a ser desmedida. É normal que se alarme así a xente maior sobre todo".
"Eu creo que si, que é un pouco esaxerado". "De máis, si. Canta xente morre aquí de gripe normal e non sae nas noticias?", opinan os veciños.
De feito a mortaldade polo Covid 19 está moi por debaixo da dos mortos pola gripe común, enfermidade que en España causou o ano pasado 6.300 mortos. Aínda que contra o coronavirus non existe vacina polo momento.