CRTVG

Buscar

O agregado militar de Venezuela en Washington recoñece a Guaidó como presidente lexítimo

Publicado o 27/01/2019 15:18

A tensión continúa medrando en Venezuela. O agregado militar do país caribeño en Washington recoñece a Juan Guaidó como mandatario lexítimo. O autoproclamado presidente dálle a benvida mentres Nicolás Maduro celebra como unha vitoria a intervención do seu ministro de Exteriores no Consello de Seguridade da ONU.

Nun vídeo distribuído a través das redes sociais, o agregado militar de Venezuela en Washington desmárcase do réxime de Nicolás Maduro. O coronel José Luís Silva únese á folla de ruta de Juan Guaidó, que lle deu a benvida nas últimas horas. O autoproclamado presidente tamén agradeceu o apoio da Unión Europea.
Mentres, Nicolás Maduro celebraba a intervención do ministro de exterior venezolano no Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Segundo proclamou, foi unha vitoria fronte á Unión Europea e o xefe da diplomacia estadounidense, Mike Pompeo.

Unha de cal e outra de area porque minutos antes, Maduro tentaba suavizar a rotura diplomática cos Estados Unidos anunciando a apertura de negociacións. O obxectivo: establecer unha oficina de intereses en ambos os dous países no prazo dun mes.

Noticias web

27/01/2019