O aeroporto da Lavacolla en Santiago conta con case un cento de voos este domingo
Publicado o 05/09/2021 15:20
O aeroporto de Santiago chega a setembro con preto de cen conexións nun só día. Hai previstos cincuenta voos de saída e outros 49 de chegada. Neste verán a terminal tivo os rexistros de máis tráfico dende o comezo da pandemia.
Ter completada a pauta de vacinación facilita viaxar dende España a boa parte dos destinos turísticos, pero hai países que piden máis requisitos e probas.
Con todo, o maior tráfico de viaxeiros está nos voos nacionais nesta xornada, na que moitos comezan vacacións e outros xa volven á casa.