CRTVG

Buscar

O aeroporto de Santiago recupera voos perdidos coa pandemia

Publicado o 03/05/2021 15:28

O aeroporto de Santiago recupera aos poucos o pulso perdido coa covid. Hoxe na terminal da Lavacolla volven aterrar pasaxeiros procedentes de Ámsterdam. Non o facían dende antes da pandemia.

O enlace coa capital holandesa retómase en cuestión de horas. De momento, vaino facer cunha conexión semanal, pero o máis importante é que isto supón o punto de partida para un mes, o de maio, en que o número de frecuencias internacionais se vai incrementar considerablemente.

Volven as conexións con Londres, Milán, Frankfurt e París. Tamén van aumentar os voos nacionais co Mediterráneo, Andalucía e as illas Baleares e Canarias. Os destinos máis turísticos, coa vista posta xa na campaña do verán.