CRTVG

Buscar

O aeroporto de Santiago cae por debaixo de Alvedro e Peinador en volume de pasaxeiros en marzo

Publicado o 12/04/2021 19:38

Os efectos da pandemia nótanse con rotundidade nos aeroportos galegos. O número de pasaxeiros descendeu en marzo nun 53% de media, se o comparamos con marzo do ano pasado. Con todo, a caída non foi homoxénea.

O aeroporto que mellor está resistindo é o de Peinador, en Vigo. O número de viaxeiros descendeu en marzo un 16% con respecto ao mesmo mes de 2020. No aeroporto da Coruña, a caída foi do 46%, e de case un 71% no de Santiago. Se comparamos os datos do primeiro trimestre deste ano co de 2020, o número de pasaxeiros caeu un 77% de media nos tres aeroportos galegos. De novo a caída foi máis suave en Peinador, e máis acusada na Lavacolla.

Noticias web

12/04/2021