CRTVG

Buscar

O acusado do crime de Ponte Caldelas nega o asañamento

Publicado o 17/10/2019 20:18

Marcos Vidal, en prisión provisional desde novembro de 2015, aproveitou o seu dereito á ultima palabra no xuízo, para volver confesar o crime.  Marcos Vidal, acusado "Non vou rebater nada á acusación particular nin ao ministerio fiscal, á fin e ao cabo, os feitos son os que son e nunca os agochei"

O acusado si quixo deixar claro que non lle quitou a foto á vítima para facer sufrir a muller senón para mostralle o que pasara e que chamara a ambulancia. Tampouco o acoitelou 20 veces. Foi, di o acusado, unha liorta sen asañamento que acabou nun minuto. Marcos Vidal, acusado "Todo foi todo alí e coloqueino co respecto que merecía por riba da cama, nada máis, señoría, moitas grazas a todos"Nas conclusións finais, o fiscal pide 20 anos de prisión por un delito de asasinato con aleivosía e asañamento. Pero ademais engade outra agravante, abuso de superioridade porque a vítima apenas tivo posibilidades de defenderse. A defensa cualifica a morte de homicidio e reclama entre outras atenuantes a confesión e a obcecación.

Noticias web

17/10/2019