CRTVG

Buscar

Alec Baldwin mata por accidente unha directora de fotografía nunha rodaxe

Publicado o 22/10/2021 08:22
Alec Baldwin mata por accidente unha directora de fotografía nunha rodaxe

Traxedia na rodaxe dunha película nos Estados Unidos. O actor Alec Baldwin matou a directora de fotografía e feriu o director durante a rodaxe da película Rust. De momento, apenas transcenderon detalles, pero todo apunta a un accidente. Parece ser que disparou unha pistola que tiña que ser de simulación, pero da que saíron balas de verdade.

O accidente ocorreu nun set de filmación en Novo México, segundo manifestaron as autoridades, que sinalaron nun comunicado que se está a levar unha investigación.

Noticias web

22/10/2021