CRTVG

Buscar

O acordo de pesca da UE con Mauritania mantén as capturas

Publicado o 29/07/2021 15:24

Este acordo de asociación pesqueira con Mauritania é o máis importante da UE en canto a capturas e barcos beneficiados, uns 68 de Galicia, Euskadi, Andalucía e as Canarias.

A prórroga estenderase outros cinco anos e é froito de oito roldas de negociacións entre Bruxelas e o país africano, que en máis dunha ocasion ameazou con non renovalo.

Os armadores galegos acolleron con satisfacción o acordo que se deu a coñecer onte á noite de onte.

O protocolo establece que a UE pagaralle a Mauritania uns 62 milóns de euros os dous primeiros anos e a partir do terceiro ano haberá unha revisión desta contribución.

Noticias web

29/07/2021