CRTVG

Buscar

O aceite de das oliveiras galegas conta co seu primeiro selo de garantía

Publicado o 02/01/2020 15:07

Trátase dunha etiqueta pequena, pero supón un paso grande para o sector. Por vez primeira teñen un xeito oficial de dicirlle ao consumidor que o que compra é un aceite 100% galego.

Tan só os membros da asociación de produtores de aceite e olivas de Galicia poderán usar este distintivo, que xa locen dez comercializadoras.

Queren competir en calidade e diferenciación, fomentando variedades autóctonas como a mansa e a brava. Un cultivo sostible no que xa traballan 160 produtores de toda Galicia.

Noticias web

02/01/2020