CRTVG

Buscar

O accidente dun camión provoca retencións na A-52 no Porriño

Publicado o 09/09/2021 10:22

O accidente dun camión na A-52, na vía que vai cara O Porriño complicou a circulación. Ocorreu pouco antes das 5 da madrugada no quilómetro 303 da autovía A-52. O camioneiro circulaba cara a Vigo cando por causas que se descoñecen perdeu o control do tráiler e foi bater contra o muro, que quedou empotrado. Foi outro condutor o que alertou ao 112 do accidente. Ata o lugar do suceso trasladáronse a Garda Civil, Protección Civil, os Bombeiros do Porriño. 

 

Noticias web

09/09/2021