CRTVG

Buscar

O accidente dun camión corta un carril da AP-9 durante varias horas

Publicado o 18/02/2021 20:34

O accidente dun camión provocou retencións de tráfico na AP-9 ao seu paso por Vigo. O sinistro aconteceu a primeira hora desta tarde. De feito, un carril de circulación, en sentido a Pontevedra, estivo cortado ata as sete da tarde nese treito onde o tráiler fixo a tesoira e quedou atravesado na autoestrada. A boa noticia é que non hai que lamentar feridos.

Noticias web

18/02/2021