CRTVG

Buscar

O acceso aos caladoiros británicos, punto esencial das negociacións da UE e o Reino Unido

Publicado o 26/02/2020 09:02

Comezan as negociacións definitivas tras o brexit, coa pesca, a seguridade e os acordos comerciais como asuntos máis importantes por resolver.

Os negociadores da Unión Europea e o Goberno británico citáronse a partir da semana que vén. As conversas organizáronse en roldas de tres semanas e unha cuarta de avaliación cada mes. Todo ten que estar listo a finais de ano.

O acordo pesqueiro é fundamental para que a nosa frota poida seguir traballando nos caladoiros británicos. Bruxelas endurece as súas posicións e esixiralle ao Reino Unido que abra as súas augas se quere manter abertos os mercados europeos.

Noticias web

26/02/2020