O abrocho de Meira mantense estable con dezaseis positivos en dúas familias
Publicado o 03/10/2020 21:23
Por certo que na área sanitaria de Lugo mantense estable o gromo de Meira con 16 positivos. Nas próximas horas está previsto que se fagan novas PCR aos traballadores dos locais de hostelería e aos asistentes de axuda a domicilio do concello meirego. O abrocho xurdiu cando dúas familias se xuntaron para apañar as patacas logo de que unha desas persoas tivese contacto con outra que proviña de Madrid.