CRTVG

Buscar

O 95 % dos maiores de 60 anos recibiron en Galicia xa unha vacina contra a covid

Publicado o 17/05/2021 15:22

A vacinación comezou pola xente máis maior e este grupo é agora dos máis inmunizados fronte á covid. As cifras das que dispoñemos son as do Ministerio de Sanidade que facía balance ata o xoves pasado, polo que agora mesmo estas porcentaxes poderían ser algo maiores.

Como lles diciamos, ata o xoves pasado vacináranse con polo menos unha dose o 95,1 por cento dos maiores de 60 anos. Algo máis da metade teñen xa a pauta completa. É o grupo onde a vacinación está máis avanzada.

Se imos aos datos totais, as porcentaxes son máis discretas. Dos dous millóns trescentas mil persoas susceptibles de se vacinar, o 43,6 por cento recibiron xa unha dose da vacina mentres que o 22 por cento teñen completada a súa inmunización.

 

Noticias web

17/05/2021