CRTVG

Buscar

O 90 % dos alumnos que comezan secundaria xa recibiron unha dose da vacina

Publicado o 14/09/2021 15:00

Á ilusión do comezo dun novo curso únese desta vez a de achegarse un pouco máis á normalidade grazas ás vacinas. A maior parte dos 600 alumnos e alumnas dun instituto de Vigo xa están inmunizados. Mañá, comezan as clases máis de 94.000 alumnos de educación secundaria en todas Galicia.

Os centros educativos tiveron que readaptarse ás novas medidas de seguridade, que reducen a distancia entre pupitres e permiten maior interacción do alumnado.

En Galicia, máis do 90 % dos rapaces entre 12 e 19 anos xa recibiron unha dose da vacina e case o 37 % teñen a pauta completa.

Noticias web

14/09/2021