O 90 % da poboación maior de doce anos ten as dúas doses da vacina anticovid−19
Publicado o 19/09/2021 20:01
Este domingo a sanidade pública galega administrou unicamente o composto de Moderna. Unha parte das persoas que se inmunizaron fixérono tras solicitar cita. Agora pode pedirse na web do Sergas ata con 24 horas de antelación. Ata hoxe eran 48 horas como mínimo. Porén, presentouse máis xente sen avisar previamente, só co DNI ou coa tarxeta sanitaria.
Despois dunha fin de semana en que os mozos de 12 a 16 anos acudiron en masa para recibir a segunda dose de Moderna, administráronse preto de 18.000, Galicia chega ao 91 % da poboación maior de doce anos coas dúas doses, coa pauta completa.