CRTVG

Buscar

O 82 % dos españois pensamos viaxar o mesmo ou máis que antes da pandemia

Publicado o 17/08/2021 21:19
O 82 % dos españois pensamos viaxar o mesmo ou máis que antes da pandemia

O 82 % dos españois pensa viaxar o mesmo ou máis que antes da pandemia. Son datos dun estudo da consultoría Olliver Wyman sobre os sentimentos dos viaxeiros ante a covid-19. Supón un 6 % máis que a media mundial. Fala o estudo de sentimentos dos viaxeiros, falan as axencias de viaxes de sensacións. 

En materia de seguridade ao viaxar, tamén estamos, segundo o estudo, por riba da media global, cun 1 %. Os datos iguálanse máis cando nos falan de destinos, os nacionais aséntanse como opción preferida tanto en España como a nivel mundial.

E para movernos nese futuro achegamos tamén datos moi positivos para aloxarnos en hoteis, comer en restaurantes ou alugar un coche. Conclúe o estudo, a sociedade española é unha das máis preparadas para volver viaxar.

Noticias web

17/08/2021