O 80% dos españois recoñecemos que usamos a máscara máis tempo do recomendado
Publicado o 04/11/2020 21:27
Preguiza, irresponsabilidade ou esquecemento. Un estudo dunha empresa de produtos sanitarios revela que o 80 % dos españois usamos a máscara máis do tempo recomendado.
Preguiza, irresponsabilidade ou esquecemento. Para garantir a eficacia de protección deben reemprazarse, repítennolo, cada catro haras. Para previr o contaxio e tamén as enfermidades cutáneas.
E, ollo, non por evitar eses problemas dematolóxicos son preferibles as máscaras de tea.
O estudo tamén revela que as mulleres teñen unha maior conciencia coa remuda das máscaras ca os homes ou que os españois nos adaptamos ben á súa utilización. Por rango de idade, son as xeracións máis novas as que se adaptaron máis rápido.