O 80% do sector metalúrxico ten que parar
Publicado o 30/03/2020 14:44
Dende hoxe, moitas empresas do sector do metal están pechando as súas portas tras o novo decreto do goberno.
Como, por exemplo, as conserveiras. O metal aglutina un bo número de empresas que dan vida a servizos tan esenciais para a sociedade galega como o da enerxía. De aí que vaian prover de servizos mínimos algúns deses sectores.
Un momento difícil para un sector que buscaba unha reactivación que arestora tardará en chegar e que será moi difícil para as pequenas e medianas empresas. Por iso, dende Asime confían no diálogo social cos sindicatos para evitar entre todos entrar en recesión no segundo semestre do ano.