CRTVG

Buscar

O 75% dos mellores expedientes galegos matrículanse na Universidade de Santiago

Publicado o 10/09/2021 16:25

A USC inaugura hoxe o novo curso universitario que deu comezo esta semana. Un curso cun aumento das notas de corte e coa maioría dos mellores expedientes matriculados nesta universidade. O 75% dos mellores expedientes galegos matrículanse na USC. A maioría das notas de corte son superiores con respecto ás do curso pasado e son máis de 4.700 os alumnos matriculados no primeiro curso dos respectivos graos. Alumnos brillantes e con moi bos expedientes académicos que afrontan con ilusión esta nova etapa das súas vidas.

Uxía é unha desas alumnas brillantes que comezou o curso universitario esta semana. Acadou o ano pasado o premio Stephen Hawking de novos investigadores e tivo un 13,43 nas probas da Abau. Sempre tivo claro que o seu son as matemáticas e así decidiu estudar este grao.

A USC conta este ano con máis de 4.700 alumnos en primeiro curso de grao, un incremento con respecto ao ano pasado e con notas superiores, o que demostra a excelencia dos alumnos matriculados, como é o caso da facultade de Matemáticas.

Motivación non lle falta a Uxía que no futuro se ve dedicada ao mundo da ensinanza ou da investigación. Os alumnos comezan un novo curso con toda a emoción que supón e como Uxía afrontándoo con moita ilusión

Noticias web

10/09/2021