O 75% dos galegos vai de bares todas as semanas
Publicado o 20/07/2019 08:18
Tres de cada catro galegos vai de bares todas as semanas, e o catro por cento vai todos os días. Moitos por pracer, pero tamén hai xente á que non lle queda mais remedio que comer fóra da casa.
O estudo revela que a cervexa tradicional é a bebida mais consumida nos almorzos, e subliñan que os horarios laborais e o ritmo de vida fan que a alimentación non sexa a mais adecuada. Pero comer fóra non está reñido cunha diete sana.
Este estudo aporta consellos para ir de bares de xeito saudable: Achegarse camiñando ao local, elixir verduras e hortalizas e optar por beber auga, cervexa ou bebidas baixas en calorías.