CRTVG

Buscar

O 75% dos empresarios galegos cren que aumentarán vendas este ano, segundo KPMG

Publicado o 09/04/2019 16:48

Os empresarios galegos son optimistas sobre a evolución da economía da nosa comunidade. Un 75% prevé aumentar as vendas neste 2019. Son datos dun estudo desenvolvido pola consultora KPMG que tamén recolle a preocupación pola incerteza política como unha das principais ameazas da economía.

Os datos da economía galega, cun crecemento por riba da media nacional e unha taxa de paro inferior á media española, explican as boas perspectiva para este ano. O 75% dos empresarios galegos agardan un aumento das vendas e un 52% confía en aumentar a contratación. Aínda así, a consultora KPMG, responsable do estudo, advirte dunha crecente preocupación por parte do empresariado, que ve na incerteza política un risco para o crecemento.

Daniel Fraga, socio de KPMG-Galicia: "Crecemento con cautela e cuns riscos que non sabemos como van influír. A incerteza política é un aspecto clave de cara ao que poida ocorrer no 2019"

A prioridade estratéxica para os empresarios galegos neste ano é a mellora nos procesos seguida da transformación dixital. Das adminisitracións reclaman máis apoio á innovación e unha mellora das infraestruturas.

Noticias web

09/04/2019