CRTVG

Buscar

O 73 % dos galegos escolle a televisión para estar informado

Publicado o 10/05/2021 14:26

Os galegos son os españois que menos confían nas redes sociais para recibir noticias. O 80 % considera que nas redes hai exceso de información falsa, especialmente en Facebook e Twitter. Por iso, o 73 % segue tendo as canles de televisión como principal referencia informativa, seguidas da prensa dixital, cun 68 %. No caso galego, a información local e de proximidade é premiada polos consumidores de información, que a consideran máis fiable.

Xurxo Torres, da Consultoría Torres y Carrera: "A televisión e prensa galegas teñen a vantaxe da proximidade, que é algo moi valorado polos consumidores de información".

O contraste das noticias para confirmar a súa veracidade é unha práctica cada vez máis habitual. O 71 % dos galegos acoden a diferentes ferramentas de verificación, sendo a máis importante as webs de organismos e empresas e a prensa dixital.

Os datos proceden das enquisas do proxecto Culebra, en que participa a Universidade Complutense e a consultoría Torres y Carrera.