CRTVG

Buscar

O 72% dos autónomos cre que tería que pechar ou reducir persoal se hai un novo confinamento

Publicado o 18/08/2020 14:27

Segundo unha enquisa realizada por ATA, máis da metade dos autónomos reduciron os seus ingresos nun 60% en comparación co ano pasado. Pero a situación, cren, aínda pode ir a peor se se aplica un novo confinamento á poboación.

O 72% cre que terá que reducir o cadro de persoal ou pechar definitivamente o negocio. Por iso, piden axuda ao Goberno.

Para Lorenzo Amor, presidente de ATA, "estamos ante unha situación extraordinaria, de emerxencia, que require medidas de emerxencia. Os autónomos lanzamos un SOS. Hai un millón de autónomos que neste momento están na corda frouxa e 300.000 autónomos prevén pechar a final de ano".

Piden que se active a prestación por cesamento de actividade, que se prorroguen os ERTE ata abril do ano que vén e que se lles suspenda a cotización aos 40.000 autónomos afectados polo peche do ocio nocturno.

Noticias web

18/08/2020